Os Soños na Gaiola (Infantil e Xuvenil - Merlín - de 9 Anos en Diante) (en Gallego)
Reseña del libro "Os Soños na Gaiola (Infantil e Xuvenil - Merlín - de 9 Anos en Diante) (en Gallego)"
O medio cento de poemas que constituen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e ritmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, e case unha declaracion de principios sobre o noso pais para os nenos e nenas.De seguido, e baixo o epigrafe de" O mundo" , aparecen o sol, as etrelas, a lua, o arco da vella, o mar, o rio e o vento. No poema" As cousas" falan as campas, o barco, o chifre, o muiño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado." Os homes, nenos e nenas" , e o titulo xenerico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patron, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.Por ultimo, dous epigrafes dedicados os animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.Este libro e un clasico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que" son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non habia na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco" . .