Reseña del libro "A Longa Marcha da Xeometria"
Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan utiles, sen dubidar da sua consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu caracter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficcion como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacions abusivas e se converteron en principios inmutabeis, conturbando a nosa razon. Agora sabemos que non, que a recta e unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometria escolar. E xorden outras xeometrias, outras teorias fisicas... Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a sua xeometria varia dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracions materiais! Estas paxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolucion das teorias xeometricas, desde os albores da civilizacion ata esa modernidade que fai eclosion no seculo XIX. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstraccion insospeitada, derrubando a ilusion dunha xeometria natural.