Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela (Edición Literaria - Biblioteca Das Letras Galegas) (en Gallego)
Reseña del libro "Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela (Edición Literaria - Biblioteca Das Letras Galegas) (en Gallego)"
ao pé de cada hora, opera prima de garcía-bodaño, está organizada en catro seccións. a primeira “oracións para os vosos nomes”, susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. as tres restantes seccións, “pregoeira da ledicia”, “o teu corpo florido” e “ausencia e noiva baixo raíces”, constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. poesía nos dous casos, como quería worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia.
o segundo poemario, tempo de compostela, está formado por tres seccións, que levan por título “poemas diacrónicos”, “poemas contemporáneos” e “poemas nominados”, ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. tempo de compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de “belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe”, isto é, dos poemas que integran a obra. deste xeito atopa xustificación a presencia dos “poemas diacrónicos”, compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a idade media ata a actualidade.
o presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de garcía-bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.