tánata (en Gallego)

anton risco · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

tánata, novela redactada por antón risco coincidindo coa súa dorosa enfermidade e coidadosamente corrixida nos seus últimos días, é un impresionante e sobrecolledor alegato a prol de como convivir coa morte. o escultor xoán serra atopa no maleteiro do seu coche o cadáver dunha muller de trinta anos, vestida cunha saia florida e un suéter verdecente; o seu rostro a penas amosaba un humilde sorriso. xoán serra, arrepiado procurará infructuosamente, a axuda da policía do distrito. barallando mil posibilidades, optará pola orixinal idea, que considerou como a menos arriscada, de disecar o cadáver empregando as técnicas da taxidermia na que era especialista, e convivir con ela no seu estudio. a partir de entón, a muller converterase en tánata, fermosa boneca ou estatua, que enamorará tanto ó xoán como a súa extensa familia e amizades: onde non faltan dúas tías maiores sempre a rifar, tareixa e carme; os seus irmáns, pedro e irene; e a súa compañeira marisa; o transexual carla; o místico paco; o retrasado claudio-. a desaparición de tánata, exposta na galería de arte a máscara, iniciará unha delirante pescuda que resultará infructuosa ata que xoán serra coñece a laura. será entón, e por simple azar, cando unha súbita intuición iluminará a xoán e permitirá a resolución do enigma. novela escrita con pulcritude, precisión, con exquisito sentido do humor, non exento de ironía e profunda amargura, constitúe un modelo maxistral de texto no que o lector debe participar nun xogo entre fantasía e realidade. novela impactante, divertida e sobrecolledora.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes