O Químico e a Medida: Tomás Batuecas Marugán, Creador da Química Física en Galicia

Manuel R. Bermejo PatiÑO; RamÓN Cid Manzano ·

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

A UNESCO declarou 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica para conmemorar o 150 aniversario da publicación, por Dmitri Mendeleev, dunha táboa periódica que permitía ordenar os elementos químicos ata entón coñecidos. Ao fío desta efeméride, a Real Academia Galega de Ciencias elixiu como figura do Día da Ciencia en Galicia outro químico, Tomás Batuecas, polas súas contribucións no campo das masas atómicas. Con tal motivo, o Consello da Cultura Galega presenta, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Academia Galega de Ciencias, esta unidade didáctica coa que pretende, no camiño do seu compromiso en prol da divulgación dunha cultura científica galega en galego, dar a coñecer a quen foi o gran creador da química física no noso país. A publicación recolle de xeito ameno e con rigor científico as achegas que Tomás Batuecas fixo desde Galicia á ciencia.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes