o carpín suicida

mariasun landa federico delicado · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

augusto, un vello carpín que leva unha vida tranquila nun dos pés do carteiro plinio, guíndase á rúa dende un cuarto piso para ver o mundo. e malia que toma esa decisión de converterse nun carpín suicida, cando lle saíu o primeiro burato na punta e logo de reflexionar fondamente, non sabe, en realidade, que a aventura de sobrevivir resulta difícil e perigosa. mais é un carpín con sorte, e no camiño aprenderá, e descubrirá as cousas boas que a vida pode ofrecer. mariasun landa, recente premio nacional de literatura infantil 2003, ofrece neste volume unha historia protagonizada por personaxes fantásticos que se desenvolven nun marco realista. o vello carpín, un trapo anodino, case invisible de tan cotiá, representa un personaxe inconformista, que elixe o risco antes cá seguridade. as reflexións deste carpín, a súa forma de entender a vida, os valores que vehicula, o seu carácter solitario, idealista, romántico, pero arriscado e tenaz, permite a descuberta do mundo dende abaixo arriba. as ilustracións de federico delicado que humanizan ao vello carpín interpretan o valor simbólico desta traxedia non exenta de esperanza.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes