no ventre do silencio (en Gallego)

x. l. méndez ferrín · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

ao xeito dunha nova casa da troia, a coñecida novela de pérez lugín, no ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: “cada xeración deberá fabricar a súa cidade” (antonio sant´elia) , “permitín á cidade entrar na miña mente” (john barnie). o núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro “troianos redivivos” (lobariñas, de vilanova de cerveira e lisardo leira pazó de ferrol, que vivián na pensión da rúa troia 12, 3º; príncipe de ourense e alberte comesaña de vigo, aos que se une o estudiante santiagués luis alvite, o brétemas) e dos acontecementos acaecidos na universidade compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de hungría en 1956.no ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular –leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, no ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de j.p. sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.no ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. a extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (dámaso alonso, torrente ballester, m. proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de no ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. unha novela coral que pecha o século.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes