Mercurio (Edición Literaria - Narrativa)

Emilio Alonso Pimentel · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

mercurio é un thriller ambientado en lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. por esta novela de emilio alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración. o lugo onde que a historia se desenvolve é unha cidade actual, con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que converten a mercurio nunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. o humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, e a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela, pola que pasean todo tipo de personaxes, nunha lectura agradable, amena e divertida.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes