mar de bronce (en Gallego)

xosé vázquez pintor · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

anxo gorospe, o ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de rilo do mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. arrastrando caxato e paraugas pola praia do corvo, onde atracaban os bous, o vello gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don abel gorospe massiá, o fundador da conserveira “a fábrica”, onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. sentado na pedra do collón do gato, o ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con minia santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; jennifer, a dinamarquesa, carme, a primeira noiva da carreira ou con fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo. nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, anxo gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como albeitos ou casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.esta fermosa novela coral de xosé vázquez pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do gran sole, das travesías a capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes