historia da costa galega e os seus naufraxios. século xx

fernando patricio cortizo · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

“historia da costa galega e os seus naufraxios (século xx)”, de fernando patricio cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. a partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, fernando patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, “historia da costa galega e os seus naufraxios (século xx)” recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o serpent ao prestige, pasando pola negra estirpe do polycommander, urquiola, andros patria, casón, aegean sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en vigo, a consignación migratoria en galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a guerra civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da costa da morte e do seu fotógrafo ramón caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en galicia ata o século xx.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes