Expediente Artieda (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Luís Rei Núñez · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. nunca antes estivo na coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. as pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a dictadura. daquela, franco vai saír do pazo de meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorrería se...en expediente artieda, a novela de luís rei núñez, gañadora do premio xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. expediente artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. unha novela nostálxica que recrea de forma expléndida e evocadora á coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes