ciencias da natureza 1.º eso

diodora calvo aldea cálamo & cran · editorial mcgraw-hill

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

esta obra formulouse tendo en conta que tanto a observación do contorno natural como a descrición de forma sinxela de todos os fenómenos naturais son básicos na formación dos alumnos. é por isto que neste libro se fai unha coidadosa selección de fotos e ilustracións que ofrecen un apoio importantísimo para establecer un paralelismo entre as explicacións teóricas e os modelos físicos que se poden encontrar usualmente.por outra banda, didacticamente, foméntase a curiosidade e o debate no alumnado; para isto, por exemplo, ao inicio de cada unidade ofrécese unha dobre páxina na que se introduce ao alumnado nos contidos correspondentes a partir dunha fotografía, un breve texto e unha serie de preguntas encamiñadas a detectar os conceptos previos que, ademais, serven de fío condutor. as actividades están intercaladas no texto para reforzar e consolidar os contidos ou para que se poida empregar a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe, baseada no estudo dos contidos conceptuais a partir destas.por último, cada unidade finaliza cunha dobre páxina na que através dun debuxo ou dunha fotografía e un breve texto se afonda sobre algún tema que permite coñecer aspectos adicionais sobre a unidade e afondar nos coñecementos adquiridos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes