arrepíos e outros medos

xosé miranda · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

“arrepíos e outros medos” recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. con este volume os autores, xosé miranda e antonio reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de galicia. a lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. a lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. a lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. o presente volume, primeiro da colección lendas de galicia de edicións xerais de galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes