A velocidade do frío (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Manuel Seixas · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

a velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. aquí vaise ó directo sen miramentos. aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.en a velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes