A Máscara do Leon

Margarita Del Mazo Fernández · Oqo Editora

Ver Precio
Envío a todo Argentina

Reseña del libro

O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita del Mazo como un argumento contra clixés e convencionalismos O álbum encerra unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas, conforme ao que os demais esperan deles. Ademais, alerta das dificultades á hora de alcanzar algo tan simple, e á vez tan complicado, como ser un mesmo. A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible con outras funcións das cores, como acentuar o carácter positivo e alegre dos protagonistas, ou complementar a carga narrativa do texto. O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, sobre todo no caso dos secundarios, en simbiose perfecta cos que ocupan os primeiros planos. Ademais, a autora deléitanos con estilizados esquematismos gráficos e cunha figuración tan persoal como recoñecible.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes